Pigs in love- Manuel Gil

Pigs in love

 

O café na terraza aínda arde

e mentres me randeo no tempo

búscote suorosa

nalgún anaco da tarde

 

E o Sol afúndese

 

Liberando a escuridade necesaria para ver

ao neón rosa que pendula alto do edificio branco

enriba de dous farrapos latentes

unidos en cotifeiro

corazóns enxendros

poetas coellos, ou ciruxáns de brosa

Do mesmo xeito falmaguento

que reza o neón

Cochos falling in love

Porcos máis aló dos nocellos

todos tinguidos de rosa

 

Comezo a camiñar

e na rúa Panaderas, as putas abren

o negocio e as pernas

O pan das pobres e de pobres

sin un can para coller comida

ou morder aos que non paguen

Mercarse elas

por un maínzo de cobre

 

A dúas mazás, no parque

os átomos revolotean, en busca de alimento

e unha parexa de feos

fai o amor en crequenas

agochados tralas sebes

bulindo a vida en linguas que profundo afundan

cubertos de herbas, insectos e penas

o tempo relativo detense nun espazo tan pouco poético

 

A poesía din é para átomos, tempo, amor e beleza

Non para quenturas

Depravados

Non é para xente cocha e fea

Vicio

Catarse dun inferno de torturas

Salvados

Ti e eu tranquila

Que na tarde te busco

suorosa

Antes de que o Sol nos afunda.

 

Manuel Gil

Blog_medudsigt_neon_4

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s