Sweet Marta- Manuel Gil

SWEET MARTA

 

-A verdade, non contaba con que me chamaras – disparou Mario rompendo o aire xeado de novembro e o silencio prolongado, agochando o canón da súa boca trala taza de café a modo de biombo.

-Dixen que te chamaría. Non?

-Certo, non dixeches o ano.

Marta esperou, sen quitarlle a vista, a que Mario completase un sorbo ao café.

-Estaba buscando un sitio axeitado.

-Alégrome de que o encontraras, pensei que sería o xeriátrico e… quédame mal, está nas aforas…- Sorríu.- Este gústame. – Comezou a buscar coa mirada os puntos máis salientables da terraza do vello Hispano, café bohemio que foi de artistas e agora é só bohemio.

-Sintoo, non é fácil. Nunca o é recuperarse dunha ruptura.

Mario trocou a súa pícara cara de sarcasmo por un sorriso máis condescendente. Comezou a remover nervioso o café  e baixou a mirada ao xornal. Marta, do mesmo xeito, púxose a colocar xeometricamente a pila de revistas e folletos que tiña esparcidos pola mesa. Detívose erguendo novamente a cabeza ao escoitar a Mario.

-Son momentos duros para todos.

-Ti tamén acabas de sufrir unha ruptura?

-A economía. – Respondeu titubeando. Subiu a mirada ata atopar outra vez os ollos de Marta.

-Xa… Debería de ser unha especie de consolo? Mal de moitos…

-Non insinuaba iso. Só cambiaba de tema… Que fixeche hoxe?

-Dubidar de se foi boa idea quedar contigo.

-Claro que si.

-Supoño que terás razón. Necesitaba verte.

-Para? – Sorríu xoguetón.

-O de aquela noite no Indian, lembras? – Marta uniuse ao xogo, voltándolle un sorriso

-Todo iso?

-E máis o de despois.

-Non sei se nos dará tempo de todo na mañá…

-Acórdaste?

-Acórdase a miña cama que dende aquela coxea.

-E ti?

-Pois non sei, vas ter que refrescarme a memoria, como era?

Unha man parouse no ombro de Marta cortándolle a resposta. Un rapaz da súa idade.

-Ola! – O rapaz achegou a súa cara á de Marta, onde encontrou a meixela ofrecida, e deulle un bico.

-¿De cafés? – Inseguro.

-Si, tiña media hora libre e… este é Mario… Mario, este é Alberto.

Os dous homes saudáronse cortesmente, sen moitas ganas.

-Ben, mellor sigo o meu camiño, que aínda teño moito por facer e xa me estou poñendo do fígado pensando que non acabo. – Sorríulle nervioso a Marta. –Véxote alí, non chegues tarde!!

-Si claro, alí nos veremos. –Marta chiscalle un ollo.

Alberto mira axitado ao seu redor e emprende a marcha.

-Anda liado porque pola tarde temos unha boda. – Di Marta anticipándose a Mario

-E quen se casa?

-Uns amigos que temos en común.

-Pois que sexan moi felices!

Mario arranca a beber sonoramente o café, sorbéndoo como se de unha larga calada a un puro se tratase, enchendo os pulmóns de café. Á sobredore, tusiu.

-É o teu mozo non? – Coa voz entrecortada pola tose.

-Como? Só é un vello amigo.

-Non rompestes, verdade?

A mirada de Marta botou a cambelear dende os ollos de Mario á súa taza, e logo á propia, para voltar ao inicio, como un yoyó.

-O bico.

-Que?

-O bico, seino polo bico.

-Foi un simple bico na meixela… e como sigas por ahí vai ser o único que consigas ti tamén.

Para ti si, para el non foi tan simple. El colocouse para darche un bico na boca, ti descolocáchelo con bico na meixela. Foi un bico máis atropelado que o pobre gato do veciño.

Ana dubida un instante.

-Si, é o meu ex!

-O teu ex ou o teu noivo?

-O meu ex! Está trastornado, segue vivindo como se aínda estivésemos xuntos. Fixácheste na súa cara? Pobre, sigue tocado… hai persoas  que…

-Si, pódolla ver…

-Fixácheste?

-Podo facelo cando queira, está na beirarrúa de en fronte mirándonos.

Ana apresurouse a xirar a cabeza. Alberto percatouse de que Ana o miraba e disimulou  facendo que lía o móbil.

-Así que casas hoxe?- Espetoulle Mario.

-Como!?

-Que home se pasa a mañá preparando e pensando nunha boda se non é a súa?

Só fumos noivos

E que vivan os noivos!

-Non me crees?

-Podería facelo. Pero entón terías que recoñecerme que é un detalle raro que os acompañes de Lúa de Mel.

Ana mirouno extrañada, sin entender un chío. De súpeto caeu na conta e baixou a mirada para os folletos que coronaban a pila de revistas. Cruceiros dende a cidade, rezaba en letras coloridas.

-Será mellor que me vaia. – Rápidamente Marta.

-Si, eu tamén.- Mario levantouse da súa silla e achegouse a Marta -Foi un pracer, temos que repetilo!

-Igualmente. – Sen mirar para Mario

-Ata outra Marta! Un bico. – Púxolle a meixela e quedou agardando.

Marta apresurouse para darlle un rápido bico no pómulo pero, nun último intre, Mario xirou a cabeza e recibiuno na boca; separouse lentamente e acariciou a meixela xeada dela antes de cruzar a terraza e perderse no tumulto.

Manuel Gil

E1339409892519_1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s