Do Obradoiro de excelencia impartido o 7 de marzo de 2017 no IES Laxeiro de Lalín (Pontevedra), no que tratamos literatura, ciencia e mulleres, algunhas das alumnas animáronse a me enviar os seus textos realizados na aula ou completados na casa.
Estes tres textos, poema, microrrelato e mais lembrograma, son da alumna de 1º da ESO Adriana Pampín e revelan unha fonda sensibilidade e reflexión. As negriñas son miñas:
Haiku
Bailan os copos
contemplo fascinada
a danza invernal
Microrrelato
Cheguei, conseguino. A primeira? Non o sei. Chegarán máis? Seguro. Unha muller na lúa? Poucas veces se pensou. A palabra astronauta en feminino pode soar estraño, para min xa non, eu son muller, eu son astronauta. Cheguei, conseguido.

Lembrograma
– Lémbrome dos choros que acabaron nunha paixón.
– Lémbrome do teu eterno sorriso.
– Lémbrome das volteretas na herba do xardín.

Adriana Pampín