IES Laxeiro | Paula Gutiérrez Silva

Do Obradoiro de excelencia impartido o 7 de marzo de 2017 no IES Laxeiro de Lalín (Pontevedra), no que tratamos literatura, ciencia e mulleres, algunhas das alumnas animáronse a me enviar os seus textos realizados na aula ou completados na casa.

A alumna de 1º da ESO Paula Gutiérrez Silva mandou estes tres fermosos traballos:

Haiku

Campos moi verdes,
intermitentes flores
auga cristalina.
Microrrelato con muller astronauta
Cando cheguei, o primeiro que fixen foi mirar ao meu redor, tan pronto vin aquilo tan inmenso e cheo de luz pareceume un soño onde eu mesma era a protagonista. Subínme á miña nave e descansei daquela longa viaxe. Cando espertei, o único que fixen foi poñer o meu casco e saír explorar. Eu estaba chea de ledicia e alucinando con aquela marabilla. Cando de súpeto empecei a pensar que xa levaba moito tempo fóra da miña casa e lonxe dos meus e púxenme algo tristeira cando dun momento para outro vexo ao lonxe un meteorito vindo cara min. Por sorte puiden escapar e isto fíxome pensar que a vida é moi curta e está para disfrutala. Entón decidin volver para a miña casa.

 

Lembrograma (ao estilo Je me souviens ou I remember)
Lémbrome daquel día de verán no que me dixeron que o meu primo nacera.
Lémbrome do día no que me sorriches por última vez.
Lémbrome daquel sabor do xeado nunha tarde de verán.
Alex Kondakov.jpg

Alex Kondakov

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s