Do Obradoiro de excelencia impartido o 7 de marzo de 2017 no IES Laxeiro de Lalín (Pontevedra), no que tratamos literatura, ciencia e mulleres, algunhas das alumnas animáronse a me enviar os seus textos realizados na aula ou completados na casa.
A alumna de 1º da ESO, Lucía Faílde, mandoume esta pequena semblanza imaxinaria dunha astronauta:
Microrrelato
Rumbo ao universo, pero sen destino fixo. Con tanta firmeza como infinita é a galaxia, pero coa única certeza de soñar entre as estrelas. Esa son eu, unha astronauta.
Lucía Faílde